Que é Lagares Vivo

A Asociación Lagares Vivo foi creada en 2012 por un grupo de veciños e veciñas de Lavadores (Vigo) preocupados polo estado do río Lagares. Os nosos obxectivos son a recuperación e rexeneración do río e da súa contorna, así como a posta en valor do seu patrimonio ecolóxico, paisaxístico e etnográfico.

A Xunta Directiva da asociación está integrada por un Presidente (Ignacio Clavo), un Vicepresidente (Xosé Domínguez), un Secretario (Gabino Cuntín), un Vicesecretario (Camilo Montes), unha Tesoureira (Elena García) e unha Vogal (Rosa Barros).
Membros da direccion no Lagares
Membros da direccion no Lagares

Entre as actividades que organizamos, salientan as andainas ao longo do curso fluvial e as charlas en asociacións veciñais para dar a coñecer o Lagares á veciñanza. Tamén temos presentado numerosas denuncias ás autoridades competentes para que dean cumprida resposta ás agresións que sofre o río, así como alegado proxectos que o afectan directamente.

Xornada Divulgativa Lagares Vivo
Xornada Divulgativa Lagares Vivo
Xornada Divulgativa Lagares Vivo
Xornada Divulgativa Lagares Vivo
Andaina polo río organizada pola Asociación
Andaina polo río organizada pola Asociación
Anuncios