Entrevista a Lagares Vivo en Xornal de Vigo

Publicamos a ligazón á entrevista que Xornal de Vigo realizou ao membro da directiva da nosa asociación Gabino Cuntín.

http://xornaldevigo.gal/vigo-e-contorna/vigo/12926-a-triste-impunidade-das-verteduras-ao-rio-lagares-producense-por-ducias-cada-ano/

XI LIMPEZA SIMULTÁNEA DE RÍOS NO LAGARES

Como cada ano, ADEGA e Lagares Vivo organizamos a limpeza anual do río Lagares, no marco da XI Limpeza Simultánea de ríos en Galicia do Proxecto Ríos. Será o vindeiro domingo, 30 de setembro, na ponte de Sárdoma (Camiño Carreiros, 23, ao carón de Construcciones Conde) ás 11:30 da mañá. Traede luvas e botas de auga. Agardámosvos!