O Noso magosto

Aquí vos deixamos as fotos do Magosto que nos fixeron chegar os asistentes o evento. Grazas por vir a celebrar outro ano máis con nós o Magosto e por unha noite  de boa comida, mellor bebida , moitas risas e a mellor compañía.

Xa foi o noso segundo magosto, e confiamos en poder seguir contando con vós no vindeiro 2015.

Anuncios

Principais actuacións no ano 2014

Neste ano que finaliza, na Asociación Lagares Vivo centramos a nosa actividade reivindicativa en dúas frontes principalmente:
  1. O verquido acontecido no noso río o día 23 de marzo acabou coa vida de milleiros de peixes e anfibios. Perante a falta de respostas satisfactorias por parte das autoridades competentes, que non foron quen de determinaren tantos aos culpables como a substancia contaminante, dende Lagares Vivo decidimos presentar unha queixa no Valedor do Pobo e no Valedor do Cidadán. Ambos os dous admitiron a trámite a nosa queixa, iniciándose unha investigación para determinar en que medida a actuación das administracións foi todo o eficaz que cómpre agardar. En breve, publicaremos aquí un resumo das comunicacións que recibimos por parte destas dúas institucións.
  2. O 17 de setembro foi publicado no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra o anuncio da realización dunha senda paralela ao Lagares por parte da Comunidade de Montes Veciñais e en Man Común de Cabral. Inmediatamente, presentámonos en Augas de Galicia para coñecérmonos de primeira man o tipo de actuación que se pretende levar a cabo. Desgrazadamente, comprobamos como, o que en principio resultaba ser unha boa idea, facíase de xeito absolutamente neglixente, ás presas e sen ningunha garantía medioambiental: repoboacións caóticas con especies foráneas, desbroces masivos, carencia de plans de mantemento e conservación… Ademais, tivemos constancia de que as obras xa empezaran co proxecto en fase de alegacións, polo que carecían do permiso preceptivo. Xa que logo, presentamos as correspondentes alegacións e queixas en Augas de Galicia, as cales axudaron, xunto con outras presentadas por particulares e outros colectivos, a que as obras fosen paralizadas polo Concello de Vigo. Tamén habemos publicar aquí mesmo o texto íntegro das nosas alegacións.
Foto das obras
Foto das obras
Foto das obras
Foto das obras
Foto das obras
Foto das obras

E pra rematar non nos esquecemos de desexarvos a tod@s un bo ano 2015.

Dereitos Humanos

Hoxe fai 66 anos da recollida dos Dereitos Humanos. Parecenos evidente que en moitos paises non se cumplen estos 30 dereitos.

Deixamos un link a un ilustrativo video sobre os Dereitos Humanos.

E pra que tod@s pensemos sobre o tema e podamos recoller as vosas opinions, unha pregunta ¿Pensades que en España estanse cumprindo todolos Dereitos Humanos?

Magosto 2014

A Asociación Lagares Vivo ten o pracer de convidarvos o seu magosto.

Cartel Magosto 2014
Cartel Magosto 2014

Podedes confirmar asistencia a través do apartado de contacto da web.

Deixamos o link a google maps para que ninguen se perda no camiño:

Para maior facilidade engadimos o link cos datos do autobús que vos deixa preto do evento

Comezamos

Neste fin de semana, comezamos a nosa andadura na inmensidade de Internet. Presentamos a nosa web, nela iremos publicando artigos, noticias, links e outros datos de interese.

Sabemos que, agora mesmo, é unha web modesta xa que temos escasos recursos. Na medida que poidamos e ca axuda dos asociados, colaboradores, vigueses e público en xeral esperamos poder medrar e ter gran presenza. Non será cousa de dous días pero apreciamos a vosa paciencia.

cropped-lagaresvivo_logo-copia2.jpg

So quedanos por decir benvidos a todos e grazas por acompañarnos na andadura por un Lagares mellor.

Lagares Vivo