Feliz día do libro

Boas noites a todos,

Ainda que é un pouco tarde Lagares Vigo non se esquece de que hoxe é o día do libro.

Compartide todos un pouco de cultura que o saber non ocupa lugar…

Feliz dia do libro

Anuncios

Ponte de Castrelos

A ponte medieval de Castrelos (tamén chamada de Balaídos ou do Lagares) é unha das xoias do patrimonio arqueolóxico vigués. Aínda que é probable que existise unha ponte anterior de orixe romana, a que se pode observar hoxe en día é de indubidable fasquía medieval. Ten 21,50 metros de longo, aínda que consta que chegou a acadar os 60 m, un arco de medio punto e presenta 4 tallamares extraordinariamente ben conservados a ámbolos dous lados da ponte, circunstancia pouco habitual neste tipo de construcións.

Imaxe da Ponte de Castrelos
Imaxe da ponte de Castrelos
Imaxe da ponte de Castrelos
Imaxe da ponte de Castrelos

Nos anos 70, o urbanismo caótico e desenfreado provocou o desvío do curso do río, descontextualizando completamente a ponte, sen ningún curso fluvial que pase por embaixo dela.

Malia ser declarada Ben de Interese Cultural en 1991, a ponte presenta uns graffitis nas súas pedras interiores e, incomprensiblemente, no enreixado que a rodea non hai ningún tipo de información sobre as súas características.

En Lagares Vivo imos dirixirnos ao Concello para solicitar que limpen as devanditas pintadas e que, polo menos, un panel informativo informe aos visitantes sobre a historia e as características de tan valiosa ponte.

Fonte do texto:

O Noso magosto

Aquí vos deixamos as fotos do Magosto que nos fixeron chegar os asistentes o evento. Grazas por vir a celebrar outro ano máis con nós o Magosto e por unha noite  de boa comida, mellor bebida , moitas risas e a mellor compañía.

Xa foi o noso segundo magosto, e confiamos en poder seguir contando con vós no vindeiro 2015.

Noticia no Faro de Vigo

Aproveitamos este día para compartir con tod@s a noticia publicada hoxe no xornal Faro de Vigo. Unha noticia que afecta de cheo a contorna do río Lagares na zona de Cabral.

URBANISMO RECHAZA O RECURSO DA COMUNIDADE DE MONTES DE CABRAL POR O BLOQUEO DO PASEO DO LAGARES

Noticia Faro de Vigo
Noticia Faro de Vigo

Magosto 2014

A Asociación Lagares Vivo ten o pracer de convidarvos o seu magosto.

Cartel Magosto 2014
Cartel Magosto 2014

Podedes confirmar asistencia a través do apartado de contacto da web.

Deixamos o link a google maps para que ninguen se perda no camiño:

Para maior facilidade engadimos o link cos datos do autobús que vos deixa preto do evento