Co gallo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente o próximo domingo, 5 de Xuño de 2016, Os Verdes – Galicia Federación, Equo – Galicia, Asociación Lagares Vivo, Amigos da Terra e Greenpeace convidámovos a participar nas actividades que con tal motivo imos desenvolver no cauce medio do río Lagares, ás 11:00 horas, na Ponte das Coutadas (rúa Severino Cobas, 244), consistentes en:
- Lectura do Manifesto
- Sinatura do Manifesto
- Colectivos
- Participantes
- Recollida de lixo no Lagares
- Identificación de Plantas Alóctonas (Foráneas)
Dado que se realizará unha limpeza do río, cómpre traer botas de auga e luvas por parte dos asistentes.
Un afectuoso saúdo,
Os Verdes – Galicia Federación, Equo – Galicia, Asociación Lagares Vivo, Amigos da Terra e
Greenpeace.